Outono Gastronómico 2016

 

Cando as noites comezan a ser máis longas que os días, cando as follas das árbores tornan en amarelo e caen as primeiras choivas…chegou o outono e con el outra edición máis, e xa van 10, do “OUTONO GASTRONÓMICO”.

Esta campaña mestura o mellor turismo rural galego, coa gastronomía máis pura da nosa terra, e xa foi recoñecida o ano pasado co Premio FITUR ao Mellor Produto de Turismo Activo Nacional, na modalidade de Enogastronomía.

Desde o 16 de setembro e ata o 18 de decembro, 92 casas de Turismo Rural galegas abrirán as súas portas para ofrecerche máis de 180 propostas diferentes para gozar da gastronomía e natureza da nosa comunidade.
sello_Fitur2016

CASAS RURAIS OUTONO GASTRONÓMICO 2016
icono-a-corunaA Coruña          icono-lugoLugo          icono-pontevedraPontevedra          icono-ourenseOurense

Participantes Outono Gastronómico 2016

REDES SOCIAIS

Facebook Outono Gastronomico TwittervOutono Gastronomico YouTube TurGaliciainstagram

Que é o “Outono Gastronómico”?

No “Outono Gastronómico” adaptámonos ao teu plan de fin de semana. Elixe o que ti e os teus prefirades.

O “Menú Outono Gastronómico” dáche a opción de elixir entre dous menús diferentes, exclusivamente concibidos para esta ocasión, compostos por entrantes, primeiro e segundo prato, sobremesa e viño de Denominación de Orixe Galega por 30€/persoa.

Ademais tamén se ofrece a posibilidade de adquirir o “Paquete Outono Gastronómico”, que permite degustar o menú e pernoctar na casa rural elixida, ou gozar da oferta completa coa “Fin de semana Outono Gastronómico”. Para familias contamos co pack especial “Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico” (1 ou 2 nen@s).

Calendario

Dende o 16 de setembro e ata o 18 de decembro,  92 casas de Turismo Rural de Galicia abrirán as súas portas para vivir unha experiencia única.

Menú Outono Gastronómico

O “Menú Outono Gastronómico” está composto por entrantes, primeiro e segundo prato, sobremesa e viño de Denominación de Orixe Galega por 30€/persona.

Paquete Outono Gastronómico

Tamén se ofrece a posibilidade de adquirir o “Paquete Outono Gastronómico” que incluiría:

• “Menú Outono Gastronómico” por persoa + aloxamento e
almorzo nunha das casas de turismo rural que participe nesta promoción (podendo escoller unha noite de venres ou sábado). O prezo deste paquete é de:

– 120€ para dúas persoas en habitación dobre

– 80€ para unha persoa en habitación individual

Fin de Semana Outono Gastronómico

E para unha escapada completa ofértase unha “Fin de semana Outono Gastronómico” que inclúe:

• “Menú Outono Gastronómico” por persoa + aloxamento e
almorzo nunha das casas de turismo rural que participe nesta promoción. O prezo é de:

– 200€/ 2 persoas en habitación dobre (noites de venres e sábado)

– 140€/ para una persona en habitación individual (noites de venres e sábado)

Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico

No caso de querer compartir esta experiencia en familia só hai que apuntarse á oferta de “Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico”
ondea topamos dúas posibilidades:

• Oferta Familiar con 1 nen@(ata 14 años) que inclúe:

2 “Menús Outono Gastronómico” por cada adulto e dous menús infantís por nen@, aloxamento en habitación dobre con cama supletoria (noites de venres e sábado) e almorzos para toda a familia os dous días.

O prezo é de 260€/ 2 adultos +nen@.

• Oferta Familiar con 2 nen@ (ata 14 anos) que inclue:

2 “Menús Outono Gastronómico” por cada adulto e dous menús infantís por cada nen@, aloxamento en dúas habitación dobres (noites de venres e sábado) e almorzos para toda a familia os dous días.

O prezo é de 300€/ 2 adultos+ 2 nen@s.

Blog Outono Gastronómico

O X Outono Gastronómico despídese ata o ano próximo

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2016. Na tarde de onte púxose fin á décima edición do Outono Gastronómico. Un ano histórico que pechamos despois de 93 días de intenso traballo, nos que tentamos achegar a experiencia gastronómica á maior cantidade de público...

Últimos días de campaña

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2016. Tras tres intensos meses de campaña, esta chegará ao seu fin esta fin de semana. As 92 casas rurais pertencentes á mesma deixarán de ofrecer a oferta Outono Gastronómico no seu establecemento. Foron máis de noventa días...

Dúas comarcas en plena Ribeira Sacra

Santiago de Compostela, a de decembro de 2016. Dentro da Ribeira Sacra, na provincia de Lugo, atopamos dúas comarcas marcadas pola beleza paisaxística desta zona tan coñecida en Galicia. Son as de Terra de Lemos, onde se atopan catro casas rurais da campaña, e...

Concursos Outono Gastronómico

FACEBOOK

Participa nos nosos Concursos

Atopar as mellores ofertas de Outono Gastronómico 2016

Concursos